Visitamos o Centro de Cultivos Mariños co CEIP de Covas

Visitamos o Centro de Cultivos Mariños co CEIP de Covas

O pasado día 22 de outubro visitamos o Centro de Cultivos Mariños (CECUMAR) de Ribadeo con escolares do CEIP de Covas como actividade do programa «Mares de Cultura os Nenos e o Mar» promovido polo GALP A Mariña Ortegal.

Durante a visita, os alumnos de primaria coñeceron a labor que realizan os investigadores neste centro referente en Galicia, onde traballan e estudian diferentes temas relacionados co medio mariño, centrándose especialmente nos bivalvos de interese comercial como a ameixa.

Agradecer como sempre a amabilidade e o bo traballo que realiza a xente do CECUMAR e tamén por abrirnos as portas para coñecer desde dentro o seu funcionamento.