06 May Visitamos O Barco Museo Boniteiro de Burela co CEIP San Miguel de Reinante
Esta mañá visitamos o Barco Museo Boniteiro «Reina del Carmen» con escolares de primaria do CEIP San Miguel de Reinante dentro do programa Mares de Cultura os Nenos e o Mar, promovido polo GALP A Mariña- Ortegal.
O «Reina del Carmen» comeza no ano 1968 coa súa primeiro costeira do Bonito faenando ata o ano 1998 entre augas de Azores e o Cantábrico. A partir de entón comeza unha nova etapa como museo, onde hoxe, Lino amosounos todos os seus segredos e curiosidades que agocha. Puidemos coñecer de primeira mao como é a vida no mar dos mariñeiros, que artes de pesca utilan e que especies capturan.
Agradecer aos profes o interese na actividade!