02 Dic Remata Mares de Cultura, os Nenos e o Mar 2019
A campaña escolar “Mares de Cultura, os Nenos e o Mar 2019”, promovida polo GALP A Mariña Ortegal, presentouse nesta quinta edición como unha iniciativa de sensibilización e divulgación dos valores e dos recursos do mar, a través dun completo programa durante os meses de maio, xuño, setembro, outubro e novembro do 2019. Nesta edición, a campaña foi novamente un referente a nivel territorial, consolidándose como complemento educativo dentro do programa de actividades escolares dos centros participantes. Como nas anteriores edicións, o principal obxectivo é achegar a un elevado número de escolares de primaria e secundaria ó entorno litoral de A Mariña-Ortegal, para descubrir in-situ a cultura mariñeira, os recursos naturais e as artes e tradicións pesqueiras relacionadas coa pesca artesanal. Persegue ademais, provocar na poboación escolar un cambio de perspectiva cara o respeto do medio mariño e uns hábitos de consumo responsable dos produtos do mar. O mesmo tempo, a través desta campaña, póñense en valor as actividades económicas do sector do mar dunha forma sustentable.
Durante o ano 2019 participaron un total de 22 grupos de 12 centros educativos representando un total de 840 participantes que realizaron algunha das diferentes actividades do programa “Mares de Cultura, os Nenos e o Mar”
Os números das edicións anteriores
- 109 grupos
- 28 centros educativos
- 132 visitas guiadas
- 4938 participantes nas visitas
- 19288 unidades didácticas repartidas
Dende o GALP A Mariña Ortegal agradecemos unha vez máis a tódolos centros escolares participantes, así como a toda a xente das diferentes actividades que nos abriu as súas portas e que colaborou coa campaña escolar para poder coñecer os seus oficios vinculados co mar.