15 Jun O CEIP O Cantel visita San Ciprián e Burela
Esta semana o CEIP O Cantel de Foz participou co alumnado de primaria nas actividades de «Mares de Cultura, os Nenos e o Mar» promovidas polo GALP A Mariña Ortegal.
Comezamos o día 15 de xuño acudindo ao centro escolar para impartir a charla sobre «Recursos Mariños e impactos na Biodiversidade» na que mostramos a beleza dos fondos mariños da costa galega e a fraxilidade dos seus ecosistemas.
Continuamos ao día seguinte visitando a vila de San Ciprián para coñecer o Museo Provincial do Mar e a Carpintería de Ribeira de Paco Fra. Aprendemos moito sobre construcción de embarcacións tradicionais e escoitamos historias da caza da balea no museo.
A continuación desprazámonos a Burela, para coñecer da man de Lino, o Barco Museo Boniteiro Reina del Carmen, e aprender sobre a pesca na vila pesqueira por excelencia da Mariña Lucense.
Gracias aos profes por facelo posible!
Vémonos o ano que ven!