16 Jun O CEIP Cervo nº1 na ría e praias de Foz
Durante a xornada de hoxe os alumnos do CEIP Cervo nº1 visitaron Foz para disfrutar dunha completa xornada de actividades dentro do programa «Mares de Cultura, os Nenos e o Mar», promovido polo GALP A Mariña-Ortegal.
Durante a mañá de hoxe realizaron actividades deportivas de kaiak e surf, un roteiro interpretativo de avistamento de aves e un obradoiro de vela co Clube Náutico de Foz. Unha completa xornada que alumnos e profesores disfrutaron da man do equipo de Maremasma.