15 Jun O CEIP de Foz visita Cedeira
Durante a xornada de hoxe visitamos a vila mariñeira de Cedeira para coñecer o Museo Mares de Cedeira e a Lonxa dentro da campaña «Mares de Cultura, os Nenos e o Mar» promovida polo GALP A Mariña-Ortegal.
O Museo Mares de Cedeira é unha iniciativa cultural museística nacida da colaboración do Concello de Cedeira, a Confraría de Pescadores de Cedeira e a Asociación Mares de Cedeira para poñer en valor o traballo pasado e presente dos nosos homes e mulleres do mar, favorecer que se coñezan os seus medios de traballo e difundir a cultura mariñeira entre os cidadáns.
Os alumnos e alumnas do CEIP de Foz nº1 visitaron o museo para coñecer máis sobre a historia e tradición mariñeira da vila de Cedeira.
Eduardo e Vicente nos guiaron a través das entrañas do museo explicandonos cada unha das pezas desta increíble colección, todo un privilexio para unha vila como Cedeira cunha tradición mariñeira única.
A continuación achegámonos á lonxa para coñecer o seu funcionamento e aprender sobre as diferentes artes de pesca artesanal que se usan e as diferentes especies capturadas na ría de Cedeira. Alba, a bióloga/secretaria da confraría guiounos e mostrounos os segredos desta lonxa para aprender máis sobre a vila.