27 Mar Falando sobre os mares no CEIP San Cosme
Hoxe estivemos en San Cosme de Barreiros cos alumnos de primaria e infantil impartindo a charla sobre recursos mariños, pesca sustentable, biodiversidade, contaminación mariña e cambio climático, dentro do programa escolar «Mares de cultura os nenos e o mar» promovido polo GALP A Mariña-Ortegal.
A bióloga mariña, Ana de Lara, tratou diversos temas do medio mariño a nivel global cun enfoque local, onde os escolares víronse reflexados, destacando a importancia de preservar o seu entorno, a súa costa e a súa cultura mariñeira, comprendendo a importancia das novas xeracións como futuro do territorio.
Os alumnos deste centro, de feito, están moi concienciados ca problemática do medio mariño, participando activamente durante a hora e media que durou a charla, compartindo as súas experiencias.
Ademáis, os profesores, xunto cos alumnos, elaboraron durante o curso varias dinámicas, actividades e pósters relacionados co medio mariño, elementos que se observan desde o primeiro momento que entramos no centro.
O CEIP San Cosme de Barreiros é un centro pequeno, pero con moita actividade. Un centro inclusivo, onde os escolares están constantemente activos nun ambiente moi saudable. Un colexio que pode servir como exemplo de boas prácticas académicas. Para nós sempre un pracer.
O CEIP de San Cosme continuará o vindeiro xoves coas actividades da campaña «Mares de cultura os nenos e o mar» visitando o granxa de coral Reef Water en Viveiro e a Lonxa de Burela.