Dende o Caribe ata Burela

Dende o Caribe ata Burela

Durante a xornada de hoxe os alumnos e alumnas do CEIP de San Cosme remataron a semana con «Mares de cultura os nenos e o mar» cunha agradable xornada en Viveiro e Burela.

Durante a mañá os escolares participaron na visita da granxa de coral Reef Water, guiados coma sempre por Vanesa, responsable e encargada desta asombrosa planta de cultivos. Vanesa é unha gran experta no mundo dos corais, e dende fai varios anos emprendedora e promotora deste proxecto Reef Water, que é sen dúbida unha das visitas , dentro do programa, máis solicitadas para este curso escolar. Neste centro os participantes coñecen a grandísima biodiversidade mariña dos mares tropicais, xa que na granxa teñen especies do Caribe, Indonesia ou Australia, entre outras. Os alumnos, tamén aprenden a importancia dos arrecifes coralinos como motor de economías locais, proporcionando bens e servizos, ademáis de albergar unha enorme cantidade de especies ou servir como base para moitas investigacións no campo da farmaceutica e da mediciña. Por outro lado, estes entornos son ecosistemas en risco xa que o cambio climático, a contaminación mariña e a sobrepesca están afectando enormemente a súa conservación.

 

Durante a tarde, e guiados por Jairo, técnico superior en Transporte Marítimo, os nenos e nenas de San Cosme visitaron a Lonxa de Burela. Como exemplo de pesca sustentable. Esta Lonxa sitúase actualmente como a segunda máis importante de Galicia, onde podemos encontrar o mellor producto das nosas costas capturado cos métodos máis artesanais. A Lonxa ten diferentes controis de calidade para proporcionar toda a información, garantizar a trazabilidade e a calidade de todo o peixe e marisco que se vende. Burela represanta un punto importante no territorio para as pequenas embarcacións de baixura, de pesca artesanal, pero ademáis é un dos enclaves máis importantes de todo o Cantábrico na pesca artesanal do Bonito. Agradecer a Xusto, Miguel Neira, ABSA e a todo o personal da Lonxa polo trato e amabilidade.