16 Mar Aberto o prazo de inscrición en Mares de Cultura os Nenos e o Mar 2022
Comeza unha nova edición de «Mares de Cultura, os Nenos e o Mar».
O programa “Mares de Cultura, os Nenos e o Mar”, promovido polo GALP A Mariña-Ortegal, é unha campaña escolar de sensibilización e divulgación dos valores e dos recursos do mar, presentada a través dun completo programa de actividades.
A campaña está dirixida a escolares de infantil e primaria de entre 5 e 12 anos de idade dos municipios de A Mariña Lucense (O Vicedo, Viveiro, Xove, Cervo, Burela, Foz, Barreiros e Ribadeo).
O principal obxectivo é achegar ás novas xeracións ao entorno litoral de A Mariña Lucense, para descubrir in-situ a cultura mariñeira, os recursos naturais e as artes e tradicións pesqueiras relacionadas coa pesca artesanal. Persegue ademáis, provocar na poboación escolar un cambio de perspectiva cara o respeto do medio mariño e uns hábitos de consumo responsable dos produtos do mar. O mesmo tempo, a través desta campaña, póñense en valor as actividades económicas do sector do mar dunha forma sustentable.
Cada centro educativo poderá solicitar a participación de balde na campaña que inclúe unha charla/presentación no centro, e unha xornada de actividades. Cada grupo pode escoller dúas ou tres actividades, para realizar ao longo dunha xornada. O número de participantes por cada centro limitarase a 50 escolares, ampliable dependendo da dispoñibilidade de prazas.
Prazo de inscrición: ata o 19 de abril de 2022
As actividades realizaránse do 19 de abril ata o 22 de xuño de 2022
Para participar debes de cubrir e enviarnos o DOCUMENTO DE SOLICITUDE
Coñece as diferentes actividades que podes realizar co teu centro educativo.
- Obradoiro de limpeza de praias
- Roteiro ornitolóxico de observación de aves
- Obradoiro de especies invasoras
- Roteiro interpretativo da Ría
- Roteiro interpretativo intermareal
- Museo Provincial do Mar
- Carpintería de Ribeira
- Redeiras Cabo Burela
- Peixería O Almacén do Peixe
- Lonxa de Burela
- Barco Museo Reina del Carmen
- Centro de Cultivos Mariños de Ribadeo
- Kaiak e Surf
Información e reservas:
email: maresdecultura@gmail.com
teléfono: 659 167 197