20 Jun O CEIP Gregorio Sanz no porto de Burela
Durante a xornada de hoxe, disfrutamos dunha xornada co alumnado do CEIP Gregorio Sanz de Ribadeo visitando o porto de Burela dentro do programa «Mares de Cultura, os Nenos e o Mar» promovido polo GALP A Mariña-Ortegal.
Neste día coñecimos o porto de Burela a través dun roteiro onde falamos da importancia da pesca, as suas artes, embarcacións, cultura e tradición.
Visitamos tamén a nave das redeiras de Burela para aprender de cerca sobre este oficio tan bonito e tradicional.