16 Jun Xornada de xuntanza entre o CEIP Manuel Fraga e o CEIP San Sadurniño
Durante a xornada de hoxe disfrutamos dunha visita a vila de Cariño cunha xuntanza entre os centros Manuel Fraga Iribarne e San Sadurniño dentro do programa «Mares de Cultura, os Nenos e o Mar», promovido polo GALP A Mariña-Ortegal.
Durante esta xuntanza os alumnos visitaron a cetárea de A Balandra para coñecer os diferentes mariscos das nosas rías, e coñeceron as artes de pesca coas redeiras de Cariño. Descubrimos así a cultura mariñeiras e os recursos do mar da vila de Cariño cunha agradable xornada de convivencia.