Tradición mariñeira e arrecifes de coral no IES de Alfoz

Tradición mariñeira e arrecifes de coral no IES de Alfoz

Estos días pasamos unhas completas xornadas con alumnos do IES de Alfoz dentro do programa «Mares de Cultura, os Nenos e o Mar», programa promovido polo GALP A Mariña-Ortegal.

Durante a primeira xornada os alumnos recibiron unha charla no centro para coñecer os recursos naturais costeiros do noso territorio.

No día de hoxe realizamos unha saída de estudos para coñecer a granxa de corais Reef Water en Viveiro e aprender sobre os arrecifes tropicais e a sua fraxilidade.

 

 

 

Desprazamonos a continuación a vila de San Ciprián para coñecer o seu Museo do Mar. Alí puidemos coñecer un pouco sobre a nosa historia mariñeira a través das diferentes salas temáticas e guiados por Ángeles, para desvelarnos os segredos das pezas expostas. Tivemos a sorte de coincidir cunha exposición no museo do viñetista Luis Davila, que caricaturiza o mundo do mar dende unha persectiva moi cercana e divertida.

           

     

 

Aproveitando a soleada xornada e tras unha pausa para repoñer forzas, realizamos un pequeno roteiro polas praias e a península da Paz, para coñecer a sua tradición mariñeira, as fábricas de salazón, o seu Faro e a contorna natural desta vila.

 

Rematamos pola tarde coa visita a carpintería de ribeira de Francisco Fra, onde sempre aprendemos algo novo sobre este oficio en perigo de extinción. Paco é o último Mestre Carpinteiro de Ribeira de A Mariña, e das súas mans saen obras de arte talladas en madeira para navegar os mares do Cantábrico.