06 Nov Arrecifes de Coral no IES Perdouro
Durante a xornada de onte disfrutamos cos alumnos do IES Perdouro de Burela cos que visitamos a granxa de coral Reef Water en Viveiro, dentro do programa «Mares de Cultura, os Nenos e o Mar» promovido polo GALP A Mariña Ortegal.
Dentro da actividade os participantes recibiron unha charla sobre o medio mariño, os seus ecosistemas, especies e conservación. Coñecimos aquí, inquietudes e preocupacións dos escolares sobre o estado dos nosos mares e plantexamos perspectivas futuras para un cambio de tendencia.
A actividade culminou coa visita á granxa de coral Reef Water onde puidemos contemplar a beleza e a fraxilidade destes ecosistemas de arrecifes cheos de vida. Unha mañá que non puidemos completar coa actividade de especies invasoras debido as inclemencias meteorolóxicas, pero que compensamos alargando a visita na granxa de corais.
Agradecer a tódolos profesores e alumnos participantes do IES Perdouro.