O Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) A Mariña-Ortegal, promove a campaña escolar “MARES DE CULTURA OS NENOS E O MAR”, a través dunha completa oferta de actividades e ferramentas educativas.

QUE É MARES DE CULTURA OS NENOS E O MAR?

Comeza unha nova edición de «Mares de Cultura, os Nenos e o Mar».

 

O programa “Mares de Cultura, os Nenos e o Mar” é unha campaña escolar de sensibilización e divulgación dos valores e dos recursos do mar, presentada a través dun completo programa de actividades.

 

A campaña está dirixida a escolares de infantil e primaria de entre 5 e 12 anos de idade dos municipios de A Mariña Lucense (O Vicedo, Viveiro, Xove, Cervo, Burela, Foz, Barreiros e Ribadeo).

 

O principal obxectivo é achegar ás novas xeracións ao entorno litoral de A Mariña Lucense, para descubrir in-situ a cultura mariñeira, os recursos naturais e as artes e tradicións pesqueiras relacionadas coa pesca artesanal. Persegue ademáis, provocar na poboación escolar un cambio de perspectiva cara o respeto do medio mariño e uns hábitos de consumo responsable dos produtos do mar. O mesmo tempo, a través desta campaña, póñense en valor as actividades económicas do sector do mar dunha forma sustentable.

 

Cada centro educativo poderá solicitar a participación de balde na campaña  que inclúe unha charla/presentación no centro, e unha xornada de actividades. Cada grupo pode escoller dúas ou tres actividades, para realizar ao longo dunha xornada. O número de participantes por cada centro limitarase a 50 escolares, ampliable dependendo da dispoñibilidade de prazas.

 

Prazo de inscrición: ata o 19 de abril de 2022

 

As actividades realizaránse do 19 de abril ata o 22 de xuño de 2022

 

Para participar debes de cubrir e enviarnos o DOCUMENTO DE SOLICITUDE 

 

Coñece as diferentes actividades que podes realizar co teu centro educativo.

 

Descubre a plataforma interactiva online, unha ferramenta educativa co obxectivo de sensibilizar e divulgar os valores e os recursos do mar, a través dunha serie de materiais dixitais con vídeos, ilustracións e imaxes.

Xa tedes dispoñible a PLATAFORMA ONLINE, unha ferramentas interactiva de sensibilización e divulgación dos valores e dos recursos do mar, a través dunha serie de materiais dixitais.

A plataforma online vai dirixida a escolares de entre 8 e 15 anos, dos centros educativos do territorio de A Mariña-Ortegal, pero é unha ferramenta aberta a todo o mundo.

Os contidos divídense en 4 Unidades Didácticas, 4 específicas de primaria e 4 de secundaria. Cada unha delas elabórase de acordo coa adaptación curricular da normativa vixente en relación á lei da LOMCE da Xunta de Galicia. Cada unha das Unidades Didácticas englóbase en varios bloques descritos no currículum educativo de diferentes materias. Ademáis cada tema está adecuado ao nivel educativo e é unha ferramenta inclusiva, adaptando o vocabulario ás aptitudes e destrezas de cada nivel e ao grado cognitivo de cada alumno.

Guia para o profesorado

As guías do profesorado, dispoñibles para descargar dende a plataforma online,  son unha ferramenta imprescindible para o seguimento da materia por parte dos docentes. Neste documento o profesorado pode consultar a adaptación curricular da materia para incluir a plataforma na súa docencia. Na guía, ademais dunha introducción e dos obxectivos de cada Unidade Didáctica, inclúense cada unha das páxinas dos temas tratados na plataforma online. Apórtanse datos interesantes relacionados co tema a tratar, que enriquecen a información presente na plataforma e amplian o coñecemento do profesor con respecto á materia. Nestes documentos, a disposición do profesorado, inclúense propostas de actividades para realizar co alumnado na natureza, na aula ou experimentos no laboratorio.  Mediante estas iniciativas preténdese concienciar e facilitar o aprendizaxe dunha maneira divertida.