Surf e Kaiak no IES Perdouro

Surf e Kaiak no IES Perdouro

Esta semana recibimos aos escolares do IES Perdouro que visitaron Foz para facer actividades de surf e kaiak con Maremasma, dentro do programa «Mares de Cultura, os Nenos e o Mar» promovido polo GALP A Mariña Ortegal.

Durante varias xornadas casi un centenar de estudiantes do centro de secundaria de Burela achegáronse a Foz para probar as actividades náuticas que ofrece alí Maremasma, e así realizar unha iniciación ao surf e ao kaiak. Aproveitaron, xunto cos profes de educación física, o bon tempo que nos está traendo este mes de outubro para pasar unha xornada diferente, enfundarse os traxes de neopreno e mollarse nas fermosas praias e ría de Foz.

Agradecer ao centro IES Perdouro pola participación nestas actividades.