Surf e Kaiak co CEIP Cervo

Surf e Kaiak co CEIP Cervo

Durante a xornada de hoxe escolares do CEIP Cervo participaron nas actividades da campaña escolar “Mares de Cultura, os Nenos e o Mar”, promovida polo GALP A Mariña Ortegal.

Durante a xornada, alumnos e profesores, disfrutaron das actividades de iniciación ao Surf e Kaiak cos amigos de Maremasma. Mollarse e disfrutar da praia e da Ría de Foz a través das actividades náuticas era o noso obxectivo! Tódolos participantes saíron contentísimos de esta experiencia que para moitos era descoñecida.