Ruta e limpeza nas praias de Nois

Ruta e limpeza nas praias de Nois

Hoxe tivemos unha completa xornada cos alumnos de primaria do CEIP Fondo Nois dentro do programa de divulgación dos recursos do mar “Mares de Cultura, os Nenos e o Mar”, promovido polo GALP A Mariña-Ortegal.

Durante esta mañá realizamos un roteiro interpretativo na praia das Polas en Nois para coñecer a flora autóctona e especies vexetais invasoras no entorno e coñecer tamén as especies que habitan no intermareal, ademáis acompañamos a xornada cunha dinámica de recollida de residuos mariños na mesma praia.