Remata o curso pero seguimos con «Mares de Cultura os Nenos e o Mar»

Remata o curso pero seguimos con «Mares de Cultura os Nenos e o Mar»

Rematamos este curso 2017-2018 con números record na campaña escolar «Mares de Cultura, os Nenos e o Mar» promovida polo GALP A Mariña-Ortegal. En tan so un mes, o programa recibiu a uns 400 escolares do territorio, que participaron a través das charlas no centro e das diferentes actividades programadas para divulgar os recursos mariños e as tradicións pesqueiras da comarca. Os diferentes centros participantes coñeceron entre outras as vilas de Cariño, Viveiro, San Ciprián, Burela e Foz, para sumerxirse na cultura mariñeira que as rodea.

Pese a que o curso rematou, a campaña «Mares de Cultura, os Nenos e o Mar» na súa edición de 2018 continúa. Co comezo do próximo curso a campaña educativa estará en marcha os meses de setembro, outubro, novembro e decembro. Así que xa sabedes!!!

Dende o GALP A Mariña Ortegal queremos agradacer a participación de tódolos centros e dos profesionais do mar que nos abren a diario as portas das súas casas para amosarnos o seus traballos.