05 May O último fareiro de Estaca de Bares
Esta semana estivemos co CEIP do Vicedo participando nas actividades da campaña «Mares de Cultura, os Nenos e o Mar» promovida polo GALP A Mariña-Ortegal. Durante a primeira xornada realizamos unha charla no centro cos alumnos de infantil e primaria na que falamos sobre os recursos pesqueiros e a biodiversidade da costa do territorio.
Na seguinte xornada desprazámonos ao Faro de Estaca de Bares onde puidemos coñecer o segredos que esconde da man do «último fareiro», Eugenio Linares. No Faro os alumnos e alumnas do centro coñeceron o funcionamento dun faro destas características e a súa importancia para a navegación marítima e aérea. Tamén aprendemos aspectos máis técnicos sobre o posicionamento GPS e os sistemas de localización AIS.
Eugenio leva media vida neste emblemático Faro de Estaca de Bares e é un gran coñecedor do entorno. É un gran divulgador do seu oficio, a piques de desaparecer. Eugenio ademáis ten varias publicacións sobre o entorno de Estaca de Bares e os seus valores arqueolóxicos e naturais, unha zona dunha enorme importancia como porto de recalada para os grandes navegantes dende fai máis de vinte séculos.
Dende a nosa humilde actividade, agradecemos enormemente a labor de Eugenio, por acollernos tan ben no seu Faro. Agradecer tamén a Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao polo trato recibido e a acollida deste programa educativo.