O IES de Alfoz participa en Mares de Cultura

O IES de Alfoz participa en Mares de Cultura

Durante a xornada do pasado día 8, o IES de Alfoz participou nas actividades de surf e kaiak da campaña «Mares de Cultura, os Nenos e o Mar» promovida polo GALP A Mariña Ortegal.

A pesar da chuvia, a temperatura da auga segue moi agradable para mollarse e pasar unha mañá estupenda realizando unha actividade de introducción ao surf e ao kaiak.