O IES de Alfoz chega para mollarse!

O IES de Alfoz chega para mollarse!

O día 28 de setembro, alumnos de secundaria do IES de Alfoz, achégaronse a Foz para participar nas actividades promovidas polo GALP A Mariña Ortegal dentro do programa «Mares de Cultura, os Nenos e o Mar».

Durante a xornada, alumnos e profesores visitaron aos nosos amigos de Maremasma para pasar unha xornada de actividades náuticas cunha iniciación ao kaiak e unha sesión de surf. Nestas actividades, alumnos e profesores aprenden a nocións básicas do manexo, seguridade, e práctica do kaiak e do surf. Conciencianse, ademáis do respeto cara o medio mariño a través da posta en valor dos entornos naturais onde se realizan estas actividades, sensibilizando ao alumnado do seu coidado e conservación. Unha forma sinxela de pasalo ben e disfrutar da costa dunha forma diferente.