O CEIP Jose María Lage comeza o curso con Mares de Cultura

O CEIP Jose María Lage comeza o curso con Mares de Cultura

Comezamos un novo curso e con él volven as actividades de «Mares de Cultura, os Nenos e o Mar», programa promovido polo GALP A Mariña Ortegal no que participan centros educativos do territorio para poñer en valor os recursos da nosa costa.

Durante a primeira xornada de actividades recibimos aos alumnos do CEIP Jose María Lage que se achegaron a Foz a disfrutar do premio do concurso de relatos. Pasamos unha divertida maña practicando surf e kaiak cun grupo de alumnos e profesores fantástico.

Agradecemos enormemente a participación un ano máis ao centro Jose María Lage nas actividades do programa escolar de referencia na Mariña – Ortegal.