O CEIP de San Cosme disfrutou do Premio do Concurso Mares de Cultura

O CEIP de San Cosme disfrutou do Premio do Concurso Mares de Cultura

O pasado xoves 21 de Xuño, escolares do CEIP de San Cosme (Barreiros) achegáronse a Foz para disfrutar dunha xornada de actividades náuticas como premio polo concurso de contos «Mares de Cultura, os Nenos e o Mar», promovido polo GALP A Mariña Ortegal.  Oscar Perdiguero Smolen de 11 anos, co seu conto «O Mariñeiro e o Barco», foi o gañador desta edición, e gracias a súas dotes literarias, tódolos seus compañeiros e compañeiras disfrutaron dunha increíble excursión.

Durante a xornada, os escolares tiveron a oportunidade de realizar unha sesión de iniciación ao surf e ao kaiak cos nosos amigos de Maremasma.