O CEIP de Foz nº1 visita a granxa de corais Reef Water

O CEIP de Foz nº1 visita a granxa de corais Reef Water

O pasado día 9 de novembro, máis de medio centenar de alumnos do CEIP de Foz nº1 visitaron a granxa de corais Reef Water en Viveiro dentro da campaña «Mares de Cultura, os Nenos e o Mar», promovida polo GALP A Mariña Ortegal.

Nesta visita, que é a última deste ano 2018, os participantes coñeceron o traballo de Vanesa, a cargo de Reef Water, e aprenderon moitas curiosidades sobre a vida mariña nos arrecifes. A visita foi acompañada dunha completa charla, impartida por Carlos Gil, Biólogo mariño de Maremasma.

Entre os temas tratados, ademáis de sumerxirnos nun mundo cheo de corais e peixes de mil cores, falouse da contaminación mariña ou da sobrepesca e da problemática da conservación dos ecosistemas mariños, concienciando desta forma aos máis pequenos sobre a importancia de protexer os nosos mares.