O CEIP de Covas visita o porto de Burela

O CEIP de Covas visita o porto de Burela

Durante a xornada de onte, visitamos o porto de Burela con alumnos de primaria do CEIP de Covas dentro da campaña «Mares de Cultura os Nenos e o Mar» promovido polo GALP A Mariña Ortegal.

Visitamos o Barco Museo e a peixería Almacén do Peixe, co obxetivo de aprender sobre a pesca sostible do noso territorio. A pesca do bonito foi un dos principais temas, pero tamén coñecer o traballo das peixeiras do Almacén do Peixe, quenes ofrecen o mellor producto coa mellor calidade.

Agradecer o interese das profesoras do centro pola súa participación na campaña. Do mesmo xeito damos as gracias ao Concello de Burela por abrirnos as portas do Barco Museo, e as maravillosas personas que traballan no Almacén do Peixe por deixarnos coñecer máis de cerca o seu día a día.