O Álvaro Cunqueiro estrea Mares de Cultura 2019

O Álvaro Cunqueiro estrea Mares de Cultura 2019

Hoxe cerca de corenta alumnos de primaria do CEIP Álvaro Cunqueiro de Mondoñedo realizaron as primeiras actividades da campaña «Mares de Cultura, os Nenos e o Mar 2019», promovido polo GALP A Mariña Ortegal.

Durante a xornada os escolares recibiron unha charla sobre os ecosistemas e os recursos mariños da costa do territorio. A continuación visitaron a granxa de corais de Reef Water e pola tarde realizaron unha actividade de aprendizaxe da fauna e flora intermareal.

A continuación tedes unhas fotos das actividades, onde gozamos dunha estupenda xornada de sol.

Agradecer ao CEIP Álvaro Cunqueiro e aos profesores a súa participación na campaña escolar. Ata a próxima!!