Museo Mares de Cedeira

Museo Mares de Cedeira

Este ano, como novidade no programa «Mares de cultura os nenos e o mar» temos unha nova forma inmellorable de coñecer o patrimonio marítimo-pesqueiro da vila de Cedeira. A través do Museo Mares de Cedeira, adentrámonos na historia dun pobo arraigado ao mar e as súa tradición mariñeira.

Nunha amplia sala habilitada na planta baixa da Confraría de Pescadores Santa María do Mar, o visitante pode disfrutar dunha gran colección de obxectos que relatan historias con sabor a mar. Este museo é un soño colectivo realizado gracias ás aportacións de decenas de cedeirense, coa finalidade de conservar un patrimonio único.

Guiados a través do museo descubrimos diferentes embarcacións de pesca artesanais, xoias de carpintería que fai anos surcaban a ría de Cedeira en busca de peixe e marisco. Os corredores e paredes están cheas de obxectos que recordan os oficios vinculados ao mar, que foron principal motor da economía da vila. Así coñecemos no museo as artes de pesca e marisqueo, a carpintería de ribeira, a industria conserveira, a seguridade marítima, finalizando cunha colección espectacular de fauna mariña, que é unha verdadeira xoia para os amantes da malacoloxía.

Imprescindible  visita a este museo, que a pesar da súa curta idade (abríuse en xuño de 2016), é xa un referente na divulgación do patrimonio mariñeiro de Ortegal.