Gañador do concurso Mares de Cultura

Gañador do concurso Mares de Cultura

Anunciamos ao gañador do concurso «Mares de Cultura, os Nenos e o Mar» que nesta edición 2018 foi Oscar Perdiguero Smolen de 11 anos, do CEIP San Cosme de Barreiros co seu conto «O Mariñeiro e o Barco». Oscar e toda a súa clase disfrutarán o próximo xoves dunha xornada de actividades náuticas de surf e kaiak en Foz. Noraboa!!!

Agradecer enormemente a gran cantidade de participantes que fixeron que o xurado tivera moitas complicacións para dar o resultado final.

Aquí deixámosvos o conto gañador:

O MARIÑEIRO E O BARCO
Érase unha vez un mariñeiro chamado Xosé que xa era un
pouco velliño, de pelo curto con roupa vella. Iba cada día no seu
barquiño a pescar ó mar xa que os peixes era unha das poucas cousas
que comía.
Un día que salira a pescar viu unha cova e decidiu entrar.
Dentro encontrou un antigo barco de pesca abandonado. Él decidiu
restauralo polo que tiña que ir cada día alí. Despois dun mes o barco
estaba en perfecto estado. Ahora só quedaba encontrar a alguén que
quixese ir a pescar con él e co seu barco. Derrepente un día
encontrou un señor chamado Francisco e decidiu que iba con Xosé e
co seu barco. Despois de tres días xa estaban navegando no seu
barco de pesca. Ao chegar eles a casa tiñan comida para aburrir
entón decidiron vendela. Abriron un pequeno mercado no que a
xente compraba moito. Unha vez ao mes iban a pescar durante unha
semana e ao chegar toda a xente estaba no puerto esperando a súa
chegada, e ao chegar eles o celebraban cun bó festín. O problema que
pola extinción de seres vivos non puideron pescar. O que fixeron foi
amañar o barco para que en vez de ser pesqueiro sexa para navegar.
E así foi coma decidiron que iban dar a volta ao mundo nun barco.
Comezaron a súa viaxe e visitaron moitos sitios; pero un dos que
máis lles gustou foi visitar o caribe. Ao chegar decidiron reformar o
barco e facelo de metal. Tamén decidiron cada día que a xente poida
dar unha volta co barco. Cada día a dabab máis e máis grande ata
que chegaron a ser unha atracción turística. E reformaron o barco
cada vez máis e máis. Así se inventou o cruzeiro.