Empeza o verán no IES Vilar Ponte!!!

Empeza o verán no IES Vilar Ponte!!!

Levamos dúas xornadas disfrutamos das actividades náuticas con varios grupos de estudiantes do IES Vilar Ponte, dentro do programa de actividades “Mares de Cultura, os Nenos e o Mar” promovido polo GALP A Mariña-Ortegal.

Participantes de diferentes cursos de secundaria do centro viveirense acudiron a Foz onde realizaron con Maremasma diferentes sesións de iniciación ao surf e ao kaiak no entorno da Ría de Foz, espazo natural privilexiado que forma parte da Rede Natura 2000. Desfrutamos ao máximo con tódolos alumnos que cambiaron as aulas do centro por unhas xornadas diferentes, cheas de auga e diversión.