Deporte e natureza no IES de Foz

Deporte e natureza no IES de Foz

Hoxe disfrutamos dunha completa xornada con alumnos de 4º de ESO do IES de Foz, dentro do programa “Mares de Cultura, os Nenos e o Mar”, promovido polo GALP A Mariña-Ortegal.

Alumnos e alumnas do IES de Foz gozaron dunha ruta en kaiak para coñecer este deporte e realizaron un pequeno roteiro intenpretativo pola ribeira da ría de Foz.