Corais e conservación mariña no CEIP de Covas

Corais e conservación mariña no CEIP de Covas

Esta mañá, máis de medio centenar de escolares do CEIP de Covas de Viveiro visitaron a granxa de coral Reef Water dentro do programa «Mares de Cultura, os Nenos e o Mar» promovido polo GALP A Mariña Ortegal.

Durante a visita, os alumnos de primaria coñeceron as instalación de Reef Water, proxecto pioneiro na cria e cultivo de corais tropicais. Con base en Viveiro e dirixido por Vanesa, estas instalación contan con máis de 10.000 l de agua en acuarios repletos de especies de corais e outros organismos dos arrecifes. A día de hoxe o proxecto ademáis da venta destes organismos para acuarios, investiga no desenvolvemento de productos farmacéuticos relacionados con enfermidades da pel, como dermatitis atópica e soriasis.

Ademáis da visita á granxa, os alumnos recibiron unha charla sobre os ecosistemas mariños e a súa conservación, inculcando a importancia de preservar os entornos costeiros para as xeracións futuras.

Agradecemos dende aquí a participación do CEIP de Covas na campaña.