Conservas e marisco no IES Vilar Ponte

Conservas e marisco no IES Vilar Ponte

Hoxe visitamos a vila de Cariño con alumnos do IES Vilar Ponte de Viveiro, dentro do programa “Mares de Cultura, os Nenos e o Mar” promovido polo GALP A Mariña-Ortegal.

Durante a xornada achegámonos a fábrica de conservas La Pureza, onde coñecemos o proceso de fabricación dunha das mellores conservas artesanais. Sardiña, chicharo, agulla, bonito, polbo, congrio entre outras son as delicias que podemos atopar baixo as latas da súa fábrica. O proceso de fabricación sigue mantendo os valores tradicionais e traballando sempre o producto manualmente, como se fixo sempre.

Tamén visitamos en Cariño a cetárea natural de A Balandra, para coñecer as diferentes especies de mariscos que temos na nosa costa.

Para rematar a xornada desprazámonos a Cabo Ortegal e aprendemos un pouco sobre a imponente xeoloxía desta zona que separa as augas do Océano Atlántico e do mar Cantábrico.