CONCURSO “MARES DE CULTURA, OS NENOS E O MAR”

Cada clase poderá participar no concurso “Mares de Cultura, os Nenos e o Mar”, presentando un conto no cal se trate algún dos temas da campaña. O concurso ten como obxectivo fomentar o interese polo mar e o medio mariño: a biodiversidade, os recursos, as tradicións, as xentes e a necesidade de conservación do entorno e da aplicación de medidas que garantan un futuro sustentable.

A temática do conto ten que tratar polo menos algún dos seguintes puntos:

  • Medio mariño
  • Recursos mariños e biodiversidade
  • Pesca sustentable e marisqueo
  • Oficios e cultura mariñeira

O prazo de presentación de orixinais será dende a publicación das bases ata o día 15 de xuño de 2018, ás 14:00h

O premio do concurso “Mares de Cultura, os Nenos e o Mar” consistirá nunha xornada de actividade náutica de kaiak, surf e/ou actividades mediambientais con monitores acompañantes en Foz, para a clase gañadora a semana do 18 ao 22 de xuño de 2018.