Comeza Mares de Cultura co CEIP Península da Paz

Comeza Mares de Cultura co CEIP Península da Paz

Empezamos este novo curso de «Mares de Cultura, os Nenos e o Mar» co CEIP Península da Paz de San Ciprián disfrutando da costa de Foz con Gamus Surf e Maremasma.

A campaña escolar “Mares de Cultura, os Nenos e o Mar”, promovida polo GALP A Mariña Ortegal, é unha campaña escolar de sensibilización e divulgación dos valores e dos recursos do mar, presentada a través dun completo programa de actividades.

O principal obxectivo é achegar as novas xeracións, escolares de primaria e secundaria, ó entorno litoral de A Mariña-Ortegal, para descubrir in-situ a cultura mariñeira, os recursos naturais e as artes e tradicións pesqueiras relacionadas coa pesca artesanal.  Persegue ademáis, provocar na poboación escolar un cambio de perspectiva cara o respeto do medio mariño e uns hábitos de consumo responsable dos produtos do mar. O mesmo tempo, a través desta campaña, póñense en valor as actividades económicas do sector do mar dunha forma sustentable.

Durante esta xornada, casi medio centenar de escolares realizaron actividades de kaiak, surf, seminario de vela e roteiro ornitolóxico en Foz. A pesar de que o tempo non acompañou, disfrutamos igualmente do mar neste mes de setembro.

Gracias a Luis Escolar e o resto de profesores por facer posible esta xornada!!