Aves, surf e kaiak co CEIP Península da Paz

Aves, surf e kaiak co CEIP Península da Paz

Hoxe, medio centenar de escolares de primaria do CEIP Península da Paz de San Ciprián, achegáronse a Foz para pasar unha xornada da campaña «Mares de Cultura, os Nenos e o Mar» promovida polo GALP A Mariña Ortegal.

Aproveitamos esta época do ano, cando na ría se poden observar multitude de especies de aves, para realizar unha actividade ornitolóxica e coñecer as especies máis características que se achegan a Zona de Especial Protección para as Aves da ría do Masma.

Completamos a xornada cunha sesión de iniciación ao kaiak, SUP e surf moi divertida.

Gracias aos profesores e alumnos participantes por volver a visitarnos.