Arrecifes de coral en el IES Vilar Ponte

Arrecifes de coral en el IES Vilar Ponte

Este luns, martes e mércores os alumnos do IES Vilar Ponte visitaron a granxa de coral Reef Water en Viveiro, dentro do programa de divulgación dos recursos mariños “Mares de Cultura, os Nenos e o Mar”, promovido polo GALP A Mariña-Ortegal.

Os participantes aprenderon a importancia dos arrecifes de coral en zonas tropicais e a súa sensibilidade aos efectos do cambio climático, da contaminación mariña ou da sobrepesca. Estes hábitats están en grave regresión e periga a súa supervivencia.