O Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) A Mariña-Ortegal, volve un ano máis a promover a campaña escolar “MARES DE CULTURA OS NENOS E O MAR”

QUE É MARES DE CULTURA OS NENOS E O MAR?

A campaña escolar “Mares de Cultura, os Nenos e o Mar” é unha campaña escolar de sensibilización e divulgación dos valores e dos recursos do mar, presentada a través dun completo programa de actividades.

O principal obxectivo é achegar as novas xeracións, escolares de primaria e secundaria, ó entorno litoral de A Mariña-Ortegal, para descubrir in-situ a cultura mariñeira, os recursos naturais e as artes e tradicións pesqueiras relacionadas coa pesca artesanal.  Persegue ademáis, provocar na poboación escolar un cambio de perspectiva cara o respeto do medio mariño e uns hábitos de consumo responsable dos produtos do mar. O mesmo tempo, a través desta campaña, póñense en valor as actividades económicas do sector do mar dunha forma sustentable.

Nesta cuarta edición 2018, a campaña pretende ser un referente de divulgación, consolidándose como complemento educativo dentro do programa de actividades escolares dos centros participantes.

A campaña vai dirixida a escolares de entre 8 e 15 anos, dos centros educativos do territorio de A Mariña-Ortegal.

En total 800 escolares dos seguintes municipios: Ribadeo, Trabada, A Pontenova, Barreiros, Valadouro, Mondoñedo, Lourenzá, Foz, Burela, Alfoz, Cervo, Xove, Ourol, Viveiro, O Vicedo, Cariño, Cerdido, Mañón, Ortigueira, Cedeira, Valdoviño, Moeche, San Sadurniño e Somozas.

COMO PODE PARTICIPAR O MEU CENTRO

Cada centro poderá solicitar a participación nas diferentes actividades da campaña nos meses de maio, xuño, setembro, outubro e novembro do 2018, de forma totalmente gratuíta:

Charla Divulgativa e material didáctico

Cada centro participante recibirá unha charla divulgativa na aula sobre o contido da campaña, a labor do GALP e a posta en valor dos recursos costeiros e a cultura mariñeira da man dun biólogo mariño. Recibirán tamén o material didáctico que sirve como reforzó educativo e complemento didáctico da xornada de actividades.

Xornada de excursións e actividades

Nesta edición contamos cun total de 24 actividades entre as cales destacan varias novidades de gran interese. Cada centro poderá participar con un ou varios grupos dun máximo de 50 alumnos por grupo. Para as xornadas de excursión cada grupo escolle dúas ou tres actividades (dentro do programa adxunto) que máis lle interese realizar durante unha xornada.

Concurso escolar Mares de Cultura, os Nenos e o Mar

Outra das novidades desta edición é que os grupos e clases poderán participar ademáis nun concurso escolar co obxectivo de que as novas xeracións den a súa perspectiva sobre o mar a través da realización dun conto.